dehistoria: bitácora de dehistoria

Escolle un tema:

Mer
18
Out '06

A FÁBRICA DA LUZ DE LUGO

Esquema modelo lh siemens
Onte foi presentado pola Concellalía de Promoción Económica e Emprego do Concello de Lugo o proxecto de Rehabilitación do edificio da Fábrica da Luz desta cidade.
No futuro este edificio construído inicialmente baixo a dirección do arquitecto racionalista Eloy Maquieira, albergará un museo interactivo dedicado á historia da propia fábrica.
dehistoria colabora con este proxecto levando a cabo á investigación necesaria para crear os contidos que se desenvolverán na parte expositiva do futuro museo.
Os distintos edificios que albergaron a maquinaria eléctrica, as empresas e os emprendedores que fixeron posible a electrificación da cidade, os proxectos técnicos e a súa evolución… son algúns dos aspectos que se revisarán ao longo desta investigación.
Esta é unha historia apaixoante, que comezou en 1894 cando as rúas de Lugo quedaron alumeadas por vez primeira con luz eléctrica. Este fito foi o final dun longo proceso na busca dun mellor servizo para a veciñanza; foi tamén o inicio dun longo percorrido que é, en certo modo, a evolución da electricidade e o seu uso nesta cidade.