A rehabilitación dun edificio anexo ó Pazo de Vilaboa (Rutis, Culleredo) déunos a oportunidade de coñecer un interesantísimo e fermoso edificio. Trátase dun pazo neomedieval, construído a finais do século XIX por un coñecido home de negocios da Coruña daquel tempo, D. Álvaro de Torres e Taboada, que era tamén un amante das artes e das tradicións e, moi especialmente, da arte medieval.
D. Álvaro, que asesorou a Dª Emilia Pardo Bazán na remodelación da Granxa (hoxe Pazo) de Meirás, construíu na súa finca de Vilaboa un coqueto edificio con aires de castelo: un pequeno foxo, unha impoñente torre da homenaxe, capela e máis unha robusta vivenda. O conxunto recorda ó seu visitante os castelos dos contos.
Case tan suxerente como o pazo é o xardín, con árbores centenarias e un fermoso conxunto de estatuas do século XVIII, instaladas polo anterior proprietario. Danlle ó conxunto un aire romántico, evocador doutros tempos.
Xov
15
Xull '04


Deixa o teu comentario »